Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña leva o Joventut á prórroga, pero acaba perdendo (107-104)

O Leyma Coruña leva o Joventut á prórroga, pero acaba perdendo (107-104)

Heurtel fixo o seu mellor partido, con 14 puntos e 18 asistencias, para acabar con 32 de valoración

Foto: EFE
G24.gal 08/02/2025 22:58

O Leyma COruña rozou a quinta vitoria da temporada, pero seguirá unha semana máis con 4 e pechando a táboa da ACB. Todo porque non foi quen de certificar na prórroga un gran partido en Badalona.

O Joventut entrou mellor ao partido, acadando un parcial de 10-2. A renda local estivo arredor dos 10 puntos ata a reacción final dos coruñeses, que pecharon o período cun 21-16. No segundo cuarto, Diagne encabezou aos coruñeses, que igualaron o marcador duante os primeiros minutos (32-31, 6:11”). Volveu fuxir timidamente no marcador o cadro catalán, pero o pechacancelas aferrouse ao encontro e, cunha tripla espectacular de Barrueta, pechaba a primeira metade cun 43-39 e todo por decidir.

No inicio da segunda metade, o Joventut encomendou a anotación a Tomic, único argumento nos catro primeiros minutos (8 puntos). O Leyma mantiña o ritmo cunha tripla de Taylor, pero a renda local foi aos dez puntos, pero a reacción cun 0-7 volveu igualar o choque (64-61, final do 3º T).

No último parcial, unha serie dunha tripla de Heurtel e dúas de Jakovics facían posible a remonta coruñesa. Primeira vantaxe do partido co 75-76, e todo por decidir. A Peña non era quen de anotar, e mantiña o ritmo a base de tiros libres. Co partido igualado, Diagne cometía a quinta falta con 3:44 no crono, logo de anotar 17 puntos. Un contratempo para os de Diego Epifanio, que non o acusaron. Heurtel botou o equipo ás costas, con 10 puntos no cuarto para un total de 14 e 17 asistencias. Ao último minuto chegou o Leyma por diante (88-90), pero Tomic empatou. A difinitiva xogouna Heurtel, pero non puido poñerlle o ramo a un partido espectacular. O encontro ía á prórroga.

No tempo extra, o Joventut seguiu sacando partido dos tiros libres. E así foi abrindo unha fenda de ata 6 puntos a falta de 3:14”. Chegou o momento de Scrubb, con dúas triplas. Á primeira respondeu Dotson, que rematou con 30 puntos. Á segunda, Tomic, que despois gozou de tiros libres, co que o Joventut entrou no último minuto cun +7. Unha perda de Burjanadze despois do tempo morto condenou aos coruñeses, que acabaron perdendo por 107-104 despois dun encontro trepidante. O Leyma segue con só 4 vitorias, pero as sensancións e a achega de homes como Heurtel melloran as perspectivas do equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade