Cargando resultados...
Río Breogán e Leyma Coruña xogan contra equipos da zona alta
O Unicaja, segundo clasificado, visita o Pazo de Lugo (sábado, 18:00 horas)
O Leyma viaxa á pista do Joventut, que está facendo unha gran campaña cun quinto posto na ACB
G24.gal
07/02/2025 21:21
O calendario dalle pouca tregua ao Breogán. Logo de viaxar a Tenerife para xogar co cuarto clasificado, recibe no Pazo ao segundo, o Unicaja. Precisamente o Breogán e o Unicaja foron os únicos dous equipos que puideron gañar na pista do Joventut, o rival, tamén este sábado do Leyma Coruña. O equipo coruñés quere rachar a serie negativa de derrotas que está padecendo pero enfronte terá a un gran anotador como Sam Dekker que no partido do Coliseo anotou 30 puntos e resultou imparable para os de Epi.