Cargando resultados...
Boubacar Touré completa o xogo interior do Breogán
G24.gal
05/02/2025 18:52
Boubacar Touré é a última fichaxe do Rio Breogán. Trátase dun pivote senegalés de 2,13m. Ten 29 anos e experiencia en ACB e Euroliga con Valencia Basket. Xogou en Francia e en Turquía, destacando pola súa capcidade reboteadora. Logo de formarse nos Estados Unidos estivo dúas temporadas no Chorale Roanne francés (20-22) antes de pasar ao Tofas turco (22-23).
O ano pasado estivo en Valencia onde promediou 4 puntos e 4'4 rebotes en 13 minutos en pista. Rematado o seu contrato probou a aventura na China pero neste mes de febreiro decidiu volver á ACB para xogar en Lugo. Toure é un pivote físico de gran envergadura, bo defensor e reboteador, intimidador e bo finalizador en posicións próximas a canastra.