Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán reforza o seu xogo interior co pivote senegalés Boubacar Toure

O Breogán reforza o seu xogo interior co pivote senegalés Boubacar Toure

O xogador, de 213 centímetros e 29 anos, conta con experiencia na liga ACB tras o seu paso polo Valencia Basket

G24.gal 05/02/2025 16:53 Última actualización 05/02/2025 16:55

O Río Breogán anunciou este mércores a incorporación do pivote senegalés Boubacar Toure, quen procede do Liaoning Flying Leopards de China e asina un contrato coa entidade galega polo que resta de tempada.

“Toure é un pivote físico, de gran envergadura, intimidador e bo finalizador en posicións próximas a canastra”, apunta o Breogán no seu comunicado de prensa.

O xogador, de 213 centímetros e 29 anos, conta con experiencia na liga ACB tras o seu paso polo Valencia Basket, co que disputo 21 partidos na Euroliga e 14 na liga Endesa.

Formado nas universidades de Grand Canyon e Eastern Michigan (NCAA), onde foi incluído no mellor quinteto defensivo no seu último ano, tivo a súa primeira experiencia profesional na primeira liga francesa (Chorale Roanne Basket).

Tras dúas tempadas no baloncesto galo, en xullo de 2022 asinou polo Tofas SK de Turquía, de onde deu o salto ao ano seguinte ao Valencia Basket. Agora asina polo Breogán para suplir a baixa do nixeriano John Egbunu

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade