Cargando resultados...
Brais Méndez conduce á Real Sociedade ás semifinais de Copa
O xogador mosense marcou un gol e forzou a expulsión dun xogador do Osasuna
G24.gal
06/02/2025 21:21
A Real Sociedade meteuse nas semifinais de Copa despois de derrotar por 2-0 ao Osasuna. O partido quedou resolto no primeiro tempo. Ánder Barrenetxea fixo o primeiro gol despois dun gran regate na área (minuto 21) e o mosense Brais Méndez puxo o segundo despois dun pase de Oyarzábal (minuto 31). A expulsión do visitante Catena pouco despois por unha dura entrada sobre Brais Méndez acabou coas aspiracións do conxunto de Pamplona. Na segunda parte case non houbo ocasións coa Real asegurando a súa presenza na penúltima rolda.