Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gilsanz: "Temos que estar perfectos para gañarlle ao Almería"

Gilsanz: "Temos que estar perfectos para gañarlle ao Almería"

O adestrador dixo estar "contento" coas catro incorporacións que se fixeron ao cadro de xogadores

G24.gal 07/02/2025 11:14 Última actualización 07/02/2025 12:03

O domingo xogará o Deportivo diante do Almería en Riazor. O equipo coruñés vive o mellor momento clasificatorio da temporada pero se hai algo no que ten que mellorar son os resultados nos partidos na casa. O Deportivo é o terceiro peor local da Segunda División, motivo de preocupación para o seu adestrador.

Gilsanz tamén valora a entidade do rival que vai ter diante. O Almería, que intenta recuperar a categoría perdida a campaña anterior, xa está en postos de ascenso despois dun inicio dubitativo. É o equipo con maior orzamento da Segunda e o que mantén máis xogadores da etapa na elite. "Temos que estar case perfectos para gañarlle ao Almería", recoñecía o técnico betanceiro. 

Tamén falou do mercado de fichaxes. Gilsanz quería un cadro máis curto e agora atópase con catro incorporacións: Diego Gómez, Tosic, Eddhahchouri e Genreau. Pola contra marcharon tres xogadores (Lucas, Puerto e Davo) e non vai ter a Escudero para os vindeiros meses. "Estou contento coas incorporacións pero agora hai que acoplalos e demostralo sobre o campo" comentou o técnico. Tamén falou de que cun equipo máis longo haberá menos oportunidades para a canteira: "Vai ser máis difícil que entren pero a aposta do club pola canteira é innegociable", concluíu. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade