Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio recupera a Iago Aspas, que aínda "non está para xogar de inicio"

Claudio recupera a Iago Aspas, que aínda "non está para xogar de inicio"

O técnico celeste defende sen concesións aos seus xogadores: "Se hai que dubidar de alguén, que sexa de min, das miñas decisións, das miñas formulacións, pero non dos xogadores"

G24.gal 07/02/2025 14:39 Última actualización 07/02/2025 14:51

Iago Aspas, capitán do R. C. Celta, estará a disposición de Claudio Giráldez para o partido deste sábado contra o Betis tras recibir a alta médica un mes despois de sufrir unha rotura fibrilar no sóleo esquerdo durante o partido de Copa do Rei ante o Racing Club de Santander. Aspas é o máximo goleador do seu equipo con 6 goles, un máis que Borja Iglesias.

"Iago non está para xogar de inicio, é importante que poida estar a axudar a nivel de vestiario e veremos se ten minutos", aclarou Giráldez.

Desde que caeu lesionado, o equipo vigués xogou cinco partidos e non gañou ningún, tras perder con Raio Vallecano, Real Madrid (Copa do Rei), Athletic Club e Valencia e arrincar un empate ante o Alavés en Mendizorroza

Malia esta serie de malos resultados, o técnico celeste defende sen concesións aos seus xogadores.

"Se hai que dubidar de alguén, que sexa de min, das miñas decisións, das miñas formulacións, pero non dos xogadores".

"Os xogadores son moi bos, e vano seguir demostrando".

Claudio tamén recupera dous xogadores importantes: Marcos Alonso e Óscar Mingueza.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade