Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adrián Ben bate en San Cibrao o récord galego dos 1.000 metros

Adrián Ben bate en San Cibrao o récord galego dos 1.000 metros

Fixo un tempo de 2.16,50 e quedou a un segundo e medio da plusmarca de Mohamed Attaoui

G24.gal 15/08/2024 11:11 Última actualización 15/08/2024 11:57

A Veiga viu este mércores no I Desafío Concello de Cervo o seu primeiro récord cando nin sequera se cumpriu un ano da súa estrea. Curiosamente foi o mesmo atleta que apadriñou as pistas de San Cibrao entón, o viveirense Adrián Ben Montenegro, recentemente chegado dos Xogos Olímpicos de París 2024, quen voou, levado polo aire pola bancada, para rexistrar unha marca histórica nos 1.000 metros: 2.16,50.

O mediofondista de Adidas xa batera o récord galego desta distancia non oficial no atletismo en Luxemburgo, en poder de Andrés Díaz desde 1993, xusto antes de afrontar a súa segunda experiencia olímpica no 800. Entón correu o quilómetro 2.17,31, un tempo que rebaixou agora en máis de oito décimas para establecer a cuarta marca española de todos os tempos.

A pesar de correr practicamente en solitario —Hugo Zuluaga quedou a 27 segundos e o mozo ribadense do Madeiras Barcia Pedro Moirón, a medio minuto— e co cansazo acumulado polo seu desafío en Francia e o recente regreso, quedou a un segundo e medio da plusmarca de Mohamed Attaoui.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos