Dominio total de Ingebrigtsen nos 1.500 con Adrián Ben ocupando o sexto posto
O de Viveiro non atopou o mesmo ritmo que na serie clasificatoria e acabou cun tempo de 3:39.96
O noruegués Jakob Ingebrigtsen, que viña de levar o ouro nos 3.000 metros, repetiu vitoria nos mundiais en pista cuberta de Nanjing (A China), desta volta na final de 1.500 metros. O galego Adrián Ben rematou no sexto posto, o mellor español por diante de Mariano García.
Ingebrigtsen non deixou nada ao chou e realizou unha carreira moi seria e táctica en que tomou a dianteira xusto antes dos últimos cincocentos metros. Levou o ritmo axeitado para acadar a vitoria. O campión parou o crono en 3:38.79, seguido do británico Neil Gourley (3:39.07) e o estadounidense Luke Houser (3:39.17).
O noruegués viña de converterse no primeiro europeo en conseguir tres veces seguidas o dobrete continental en 1.500 e 3.000 metros baixo teito marcha da China con dous ouros mundiais. Ingebrigtsen conta cun envexable palmarés con dous ouros olímpicos e outros dous mundiais ao aire libre.
Adrián Ben, que subiu de distancia este ano e afrontou o seu primeiro Mundial baixo teito, realzou unha boa competición cun gran tempo na rolda clasificatoria e unha final na que amosou o seu xene competitivo cun tempo de 3:39.96 que lle permitiu ocupar a sexta praza.