Adrián Ben, feliz despois de meterse na final de 1.500 do Mundial: "Pensei que estaba fóra"
O atleta de Viveiro, cun tempo de 3:36.95, foi o único que pasou por tempos
Adrián Ben meteuse na final dos 1.500 metros do Mundial de pista curta de Nankín (A China) con suspense. O da Mariña realizou un gran papel na súa serie, na que marcou a súa mellor marca persoal na distancia con 3.36.95, só dúas centésimas máis que o estadounidense Samuel Prakel.
A vitoria foi para o favorito na serie, o británico Neil Gourley (3.36.60). Clasificábanse os dous primeiros de cada unha das catro series e o mellor tempo entre os terceiros, así que Ben tivo que esperar a que se corresen as outras tres carreiras para saber se alguén melloraba a súa serie. Non foi así, e estará na final do domingo (13.15 horas).
"Contentísimo, recuperándome do baixón, pensei que estaba fóra por 2 centésimas"
"Marca de 3,36". Estaba buscándoa. É un premio á valentía"
"Viña polos 800. Demostrei que son un bo mediofondista. Repóker de finais"
Adrián Ben chegou ao Mundial de Nankín despois de colgar a medalla de prata nos 1.500 do Campionato de España de short track (pista curta), nunha final gañada por Mohamed Attaoui.
Si, si, si ‼️
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) March 21, 2025
Tras media hora de espera, la marca personal de @adryben44 tuvo su recompensa 💥
👉🏼 3:36.95 q ✅
FINAL #WorldIndoorChamps: Domingo ⏰ 13:15
📺 @teledeporte @EurovisionSport
📊 https://t.co/yArEkGhc6A#PasiónPorCompetir #EspañaAtletismo pic.twitter.com/zjQZQeUNjt