Ana Peleteiro loitará por medalla nos mundiais en pista cuberta que empezan este venres
A atleta de Ribeira chega con molestias: "Estou tratando o xeonllo para chegar o mellor posible, pero aínda estou coxa"
Temos a Ana Peleteiro por Ninjang, pola China, mañá comezan os mundiais en pista cuberta. A delegación española inspeccionou a pista na que se celebran estes mundiais. Haberá trece atletas españois.
Ana Peleteiro acode como campioa de Europa. A diferenza doutras experiencias, en Asia a atleta de Ribeira estará adaptada, malia as molestias que padece nun xeonllo.
"Estou tratando o xeonllo para chegar o mellor posible, pero aínda estou coxa".
A priori, será un mundial con moito nivel
"Vai estar a campioa olímpica, estará ardente o triplo salto, así que con ganas e fe".
O viveirense Adrián Ben comeza mañá pola mañá a pelexa por entrar na final.