Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os novos retos de Altri, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Os novos retos de Altri, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 17/03/2025 08:03

Os técnicos da Xunta acaban de afirmar que o proxecto de Altri é tecnicamente viable, e a Xunta acadou a mensaxe de que en Galicia os proxectos industriais non se deciden nunha barra de bar, senón na mesa daqueles que coñecen e aplican as lexislación vixentes.

Pero que un proxecto sexa viable tecnicamente non quere dicir que o sexa economicamente. Parece que este é o caso. A teor das declaracións dos seus promotores, requiren de axudas públicas por importe do 25 % do investimento, é dicir 250 millóns. E aquí os técnicos da Xunta pouco poden dicir, o diñeiro non está en Santiago. Temos que mirar para Madrid e Bruxelas.

Se botamos unha ollada a unha das portas a que teñen que chamar, o PERTE da descarbonización do Ministerio de Industria, encontras dúas cousas: a primeira, son moitos os proxectos de todo o Estado que acoden a el, e a inmensa maioría sen contestación social e sen unha necesidade tan aguda de financiamento público. É dicir, que o Ministerio dea a axuda, á diferenza doutros, non garante que o investimento se poida facer. E isto, obviamente, non xoga ao seu favor. A segunda son os importes das axudas, neste PERTE, seguindo o exemplo, están moi lonxe do que require Altri.

Na última convocatoria a empresa que acadou unha maior valoración foi ERCROS e obtivo 14 millóns, e a axuda media está na orde dos seis millóns. Cantidades insuficientes para a compañía, que ambiciona trinta millóns. Vai ser moi complexo para Altri acadar a cantidade que require porque agora pasa a competir con proxectos de todo o Estado e bastantes deles deseñados por compañías que xa están operando en España e que reforzan a súa capacidade técnica cun forte apoio social e sindical.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos