Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un ano do crime de Yoel: familiares piden respostas e xustiza

Un ano do crime de Yoel: familiares piden respostas e xustiza

A acusación particular cre que houbo outros dous implicados na agresión que lle custou a vida ao mozo de orixe peruana

Este mércores pola tarde, familiares e amigos concentraranse para pedir xustiza

G24.gal 23/12/2024 13:54

Esta semana fai un ano do crime de Yoel Quispe, tras o que os seus familiares e amigos volveron colocar flores, candeas, fotos e mensaxes no lugar en que o mozo foi acoitelado mortalmente en pleno centro da Coruña na madrugada da pasada Noiteboa.

Ata o momento hai tres persoas investigadas: a que portaba a arma branca, a que a agachou despois da agresión, impedindo ata o momento a súa localización, e o autor confeso das puñaladas, que permanece en prisión provisional. Porén, a familia cre que houbo máis implicados que deberían responder ante a xustiza.

"Entendemos que hai dúas persoas máis que participaron na pelexa, que lle pegaron a Yoel, e entendemos que esa participación facilitou que despois o que o agrediu coa arma branca puidese matalo", comenta o avogado da acusación particular, Adrián Borrajo.

"Houbo unha única pelexa con cinco implicados que tomaron parte nela de diferentes xeitos, tres de modo violento, entre os que están o que o acoitelou, outro que foi quen lla facilitou o tamén o que a escondeu despois", explica Borrajo.

Este mércores, día de Nadal, ás sete da tarde, amigos e familiares de Yoel volverán manifestarse para demandar xustiza. Para o luns da semana próxima, día 30, está prevista unha nova declaración de testemuñas do caso en sede xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade