Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catorce obradoiros galegos participan na Feira Artesá do Nadal da Coruña

Catorce obradoiros galegos participan na Feira Artesá do Nadal da Coruña

Estará nos Xardíns de Méndez Núñez ata o cinco de xaneiro

G24.gal 22/12/2024 21:18

A Feira Mostrart, unha das citas clásicas do verán na Coruña, ten agora unha réplica invernal, iso si, algo máis reducida. Catorce obradoiros co selo de artesanía de Galicia mostran as súas creacións nos Xardíns de Méndez Núñez. A Feira Artesá do Nadal condensa o talento e a creatividade dos nosos artesáns.

"Estas feiras permiten que a xente poida tocar, escoitar e probar o instrumento. Tamén fas moito traballo de amosar cultura e tradición", asegura Sara Seijo, do obradoiro Sanín, que deseña e fabrica instrumentos de percusión tradicionais.

Todas as pezas que hai na feira son creacións feitas a man, co selo de calidade de Artesanía de Galicia, unha opción persoal, delicada e fermosa para agasallar.

"Estás mercando unha parte da alma da persoa que a fixo", explica Alfredo Hernández, que atende os visitantes no posto do obradoiro Cabuxa.

Agasallar unha peza feita por alguén que puxo unha parte de si mesmo nela é unha boa forma de mostrarlle a unha persoa que a queres", dinos Mario López, que traballa a xoiería e a cerámica

Mario reutiliza culleres e garfos de prato antigos para elaborar aneis e colgantes. A orixinalidade é outra das virtudes da feira, que se estenderá ata a véspera de Reis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade