Arde un barco amarrado ao peirao do estaleiro da Xunqueira en Moaña
Arde un barco amarrado ao peirao do estaleiro da Xunqueira en Moaña
Os servizos de emerxencia controlaron as lapas tras separar a embarcación, destinada a despezar, do dique para evitar que afectaran a outras instalacións
Un incendio sorprendía a primeira hora da mañá do domigno no estaleiro A Xunqueira, na parroquia de Meira en Moaña. Comezaba a arder un barco amarrado. A pronta actuación dos servizos de emerxencia e Salvamento Marítimo logrou controlar as lapas.
Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisaron aos Bombeiro do Morrazo, que traballaron para poñerlle fin a este lume. Só afectou ao buque "Vilaxoán", un barco destinado ao despece, que durante anos traballou no Gran Sol.
Carecía de combustible e aceites que puideran ocasionar contaminación da auga, pero aínda así deuse aviso a Salvamento Marítimo, para aplicar barreiras de contención prcisas para evitar que calquera resto da extinción do incendio, ou do mesmo barco poidan incidir nas condicións mariñas.
No operativo participaron os bombeiros do Morrazo, a policía Local de Moaña, a embarcación "salvamar Mirach" con base en Cangas e unha segudna de Salvamento Marítimo., que traballaron desde a auga para sufocar as lapas.
Os traballos poderían prolongarse varias horas, e aínda que se volveu a achegar o navío ata o peirao para que entraran os bombeiros, as altas temperaturas impedíronlles acceder ao interior. As lapas e a densa fumareda son visibles desde varios puntos da ría de Vigo.