Publicador de contidos
Publicador de contidos

Domingo de compras e turismo de luces no centro de Vigo dous días antes da Noiteboa

Domingo de compras e turismo de luces no centro de Vigo dous días antes da Noiteboa

Os compradores de última hora enchen o centro iluminado de Vigo e súmanse aos turistas das luces e aos vigueses da diáspora que xa están de volta na casa

G24.gal 22/12/2024 21:08

Dous días antes da xuntanza da Noiteboa, a festa familiar por excelencia, o centro das grandes cidades galegas segue enchéndose de xente que ultima as compras dos agasallos e de provisións de comida e bebida para poñer na cea do 24 de decembro. En Vigo hai que sumar ademais o efecto do turismo das luces.

Despois de dous anos de convivencia entre as luces de Nadal do centro, entre os vigueses e os turistas que veñen a velas maiormente as pontes festivas e fins de semanas podemos dicir que existe xa un patrón de comportamento. Os sábados, seguidos dos venres son as xornadas de maior afluencia de xente de fóra e tamén os días de máis ocupación hoteleira. O sábado a ocupación era do 95 % e non había prazas para viaxar en tren, por exemplo, desde A Coruña.

Este domingo é peculiar. Os pequenos e adolescentes están xa de vacacións, moitos retornados están xa nas súas casas familiares e a dous días da Noiteboa e tres do Nadal os menos previsores están apurando as compras de regalos e víveres. Así que desde que fora o acendido o sábado 16 de novembro este é o domingo con máis xente na rúa, nesta zona cero do Nadal de Vigo.  

Os compradores de última hora enchen o centro iluminado de Vigo. Súmanse aos turistas das luces e os vigueses da diáspora que xa están de volta. En resumo, domingo dous días antes da Noiteboa.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade