Cargando resultados...
Un condutor de Lugo perde todos os puntos do carne
Un condutor de Lugo perde todos os puntos do carne
Fuxiu dos axentes tras o partido do Lugo e deu positivo no control de alcoholemia
G24.gal
18/12/2024 14:27
En Lugo, un condutor enfróntase a mil douscentos euros de multa e á retirada de 14 puntos do permiso de conducir por fuxir dos axentes, conducir ebrio e por condución temeraria. Os feitos ocorreron tras un partido do Club Deportivo Lugo, cando o home non fixo caso dos sinais dos axentes de policía que estaban a regular o tráfico.
Os policías iniciaron unha persecución e cando conseguiron interceptalo, na rúa Afonso X o Sabio, fixéronlle a proba de alcoholemia e o condutor deu positivo.
Durante a inspección os axentes tamén atoparon varias infraccións graves relacionadas, entre outras, cos espellos retrovisores, iluminación e freos.