A última leitaría da Coruña bota o peche tras 70 anos de vida
A última leitaría da Coruña bota o peche tras 70 anos de vida
A propietaria de La Montañesa xubílase e fala de toda a vida que queda dun negocio que tamén foi o fogar onde se criou
Teresa Seoane Fernández, a propietaria da leitaría La Montañesa da Coruña, conta que leva nela "toda a vida. Todos os anos que teño", e que agora lle chegou o momento de xubilarse.
Ininterrompidamente desde 1953 ata a actualidade. É a longa vida deste negocio que bota o peche o penúltimo día deste ano.
Conta que ela se criou neste baixo que tamén foi o fogar da familia integrada por cinco membros. Por iso ese espazo, que conserva moitos elementos orixinais, garda moita vida de Teresa.
Lembra Teresa como se desenvolvía a venda de leito nas orixes do negocio, en 1953, e fai referencia aos elementos orixinais que conserva o local, como o mesado de mármore do mostrador.