Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas polos ruídos e a inseguridade viaria nunha avenida de Narón

Queixas polos ruídos e a inseguridade viaria nunha avenida de Narón

Aseguran que converteron a zona nun circuíto de coches

Piden máis vixilancia e controis 

G24.gal 13/12/2024 14:26

Veciños de Narón presentan queixas polos ruídos e a inseguridade viaria nunha avenida,a que os coches circulan a gran velocidade e na que un bateu contra un bolardo.

"O condutor cuadruplicaba a taxa de alcol e levaba un corte na cara", relataba un veciño.

Contan que son poucos os que respectan os sinais de 10 km/h que hai na zona e aseguran que converteron a avenida nun verdadeiro circuíto de coches.

"Por aquí, polas noites, poden circular a 100 km/h e, polo día... a 50 km/h".

"Temos medo a que nos atropelen". "Amais aí hai un parque infantil ao que veñen os nenos..."

Denuncian inseguridade viaria, pero tamén molestias polos ruídos.

"A min espértanme polas noites. Non sei que tipo de coches son, pero fan moito ruído".

Piden unha maior vixilancia e controis de velocidade porque din que o problema afecta tamén ás rúas da contorna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade