A Aldea do Mazo aproveita os recursos naturais para xerar toda a súa enerxía
A Aldea do Mazo aproveita os recursos naturais para xerar toda a súa enerxía
Empregan aerotermia, enerxía solar térmica, fotovoltaica e biomasa
Hai doce anos rehabilitáronse todas as súas edificacións para destinalas ao turismo
A Aldea do Mazo, no concello de Folgoso do Courel é autosuficiente enerxeticamente. Para conseguilo axudáronse da biomasa, da aerotermia e dos paneis, ademais de investir no illamento das edificacións.
Hai doce anos rehabilitáronse a totalidade das súas edificacións para destinalas ao turismo. En total son tres vivendas e edificios auxiliares tamén recuperados, como dous sequeiros e unha forxa tamén rehabilitados como apartamentos.
Pero o ano pasado, apostando polo planeta, Suso Fernández, o propietario, deulle un plus a este lugar e fíxoo completamente eficiente.
Aerotermia, enerxía solar térmica, fotovoltaica e biomasa son esenciais para que a aldea sexa autosuficiente. Para conseguir a máxima eficiencia enerxética é imprescindible illar ben.
Ademais do aforro económico que lle supuxo, o compromiso de Suso co Courel pasaba por tratar de contaminar o menos posible e respectar esta contorna ao máximo.