O centro de FP das Mercedes, un referente estatal en aforro enerxético
O centro de FP das Mercedes, un referente estatal en aforro enerxético
O CIFP As Mercedes consegue un aforro enerxético anual de 15.000 euros
O Centro Público Integrado de Formación Profesional As Mercedes de Lugo é un referente estatal polo modelo que aplican de xestión enerxética e que lles pemite aforrar anualmente unha media de 15.000 euros. Medidas aparentemente tan sinxelas como poder controlar remotamente a baixada dos térmicos e dos diferenciais de todo o centro xa supoñen unha importante porcentaxe deste aforro.
O sistema implantouse no 2013 a raíz dun premio de eficiencia enerxética publicado por unha multinacional. Once anos despois, o programa optimizouse.
O aforro enerxético prodúcese no sistema de calefacción e no de electricidade. O director do centro di que xa existe un proxecto para implantar un sistema básico semellante en varios centros integrados galegos. Todo este aforro orixina un novo recoñecemento. Neste ciclo estudan corenta alumnos e alumnas.