Cargando resultados...
A Xunta destinará seis millóns de euros para mellorar a tecnificación dos centros de FP
A Xunta destinará seis millóns de euros para mellorar a tecnificación dos centros de FP
G24.gal
27/08/2024 14:40
O novo edificio de FP do Instituto Manuel Chamoso Lamas do Carballiño permitirá incrementar e mellorar a oferta do centro. As obras contan cun orzamento de dous millóns e medio de euros e inclúen novos equipamentos de maquinaria e robótica.
O conselleiro de Educación dixo que este é un dos 140 centros galegos que se verán beneficiados polo investimento en tecnoloxía punteira para mellorar a súa oferta educativa: "Seguimos mellorando a tecnificación das nosas aulas. Este ano imos investir seis millóns de euros para equipamento de alta tecnoloxía, que poida dar resposta ás necesidades laborais das empresas".