Publicador de contidos
Publicador de contidos

Compra flexible ou alugueiro, novas modalidades de consumo para mercar un coche

Compra flexible ou alugueiro, novas modalidades de consumo para mercar un coche

Os novos desafíos medioambientais están cambiando a maneira de facerse cun vehículo

G24.gal 23/01/2024 21:00 Última actualización 23/01/2024 21:23

Á hora de mercar un coche, o mercado ofrece opcións diferente a aquelas a que estamos máis afeitos, como a compra ao contado ou o financiamento tradicional. E tamén ofrece novas modalidades de pagamento por cotas. É o caso da compra flexible.

"Iso permite a un medio prazo ter unha ventá aberta para decidir se cambiar o coche, entregalo ou substituílo por un coche máis eficiente no momento en que sexa ese cambio de financiamento", explica Juan Crego, xefe de vendas de Marineda Motor.

Outra opción é o renting.

"O cliente non dá ningún tipo de entrada, paga unha cota mensual e leva todos os servizos incluídos. Desde mantemento, rodas, seguro. Son cotas mensuais, pero son un pouco máis elevadas pola inclusión de todos eses servizos", apunta Ángel Pérez, xerente de Sibuscascoche.

O renting ou alugueiro implica que quen compra o coche non ten a súa propiedade. Isto supón un condicionante á hora de escoller esta modalidade de opción de compra. 

Con todo, no propio sector apuntan que os patróns de consumo están a mudar.

"O cliente ten a seguridade tanto na opción futuro como no renting de que se as restricións ou as normativas están cambiando, ao final non é dono dese coche ou pode devolvelo cando queira", engade Ángel Pérez, xerente de Sibuscascoche.

Novas formas de consumo nun mercado condicionado polos grandes desafíos medioambientais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade