Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta dá por controlada a vertedura de hidrocarburo na Pobra do Caramiñal

A Xunta dá por controlada a vertedura de hidrocarburo na Pobra do Caramiñal

Na tarde do sábado un particular alertou dunha posible vertedura ao mar de gasóleo desde unha nave abandonada 

Apenas quedan restos na auga, pero o persoal técnico continúa pendente da súa evolución

Os técnicos nas instalacións abandonadas este domingo
G24.gal 05/01/2025 15:02 Última actualización 05/01/2025 21:12

Gardacostas de Galicia activou este domingo o Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan CAMGAL), en fase de alerta, pola aparición dunha mancha de hidrocarburo na Pobra do Caramiñal, á altura da Ribeiriña.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao redor das 17:00 horas da tarde deste sábado, cando un particular contactou con emerxencias para informar dunha posible vertedura de gasóleo ao mar desde unha nave abandonada.

Nada máis recibiren o aviso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) de Galicia puxeron a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo, da Sala de Gardacostas de Galicia, dos Bombeiros de Ribeira e da Policía Local.

Pola súa banda, a Consellería do Mar explicou que tras as comprobacións realizadas no punto, descubriron que a vertedura ten a súa orixe nos tubos dos antigos depósitos de gasóleo da empresa Fariñas do Atlántico, pechada hai dúas décadas.

Aínda que non observaron a presenza de residuos na auga, os axentes despregados na zona (de Augas de Galicia, Seprona e Gardacostas) permanecerán pendentes da evolución da vertedura. Así e todo, dan por controlada a situación.

Ademaistentan localizar os propietarios da nave para que non se repita o episodio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade