Unha vertedura de xurro obriga a cortar o bombeo da depuradora en Muxía
Os camións cisterna garanten unha subministración que o Concello agarda se normalice canto antes
Unha vertedura de xurro no río Negro obrigou onte a parar a captación de auga á depuradora que abastece a Muxía.
Unha chamada alertou desa vertedura ao seu paso polo núcleo de Vilamaior. Seprona e a Policía Local localizaron rápido a orixe e comprobaron que non afectaba a depuradora dos Muíños. Nin negocios nin veciños notaron o problema xa que seguen consumindo auga dos depósitos proporcionada por camións cisterna. Dende o Concello piden un uso responsable para minimizar custos en caso de que a solución poida alongarse algún día máis.
Os técnicos medioambientais da Xunta avaliaban esta mañá a calidade da auga e dende o Concello confiaban na positividade e aptitude xa desas mostras para poder resolver a situación hoxe mesmo.