Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reducir a velocidade e aumentar a distancia de seguridade, claves para conducir con néboa

Reducir a velocidade e aumentar a distancia de seguridade, claves para conducir con néboa

Hai que manter limpa a zona acristalada, accionar o aire acondicionado e o vidro térmico, desabafar os espellos e prestar especial atención ás luces 

G24.gal 27/12/2024 14:05

Ao entrar nun banco de néboa, o condutor enfróntase a dous problemas: a falta de visibilidade e de adherencia. 

Para ver mellor hai que manter limpa a zona acristalada, accionar o aire acondicionado e o vidro térmico, desabafar os espellos e prestar especial atención ás luces. 

"As luces cumpren dous obxectivos, o de ver o e o de ser visto. Para ver eu levaría a luz de posición e de curto alcance. Non é recomendable a luz longa. Engadiría, se a teño, a luz dianteira de néboa. Para que me vexan, engadiría a luz traseira de néboa, que neste caso é obrigatoria", conta Suso Vilariño, director da autoescola Santa Eulalia.

Para reducir os riscos derivados da falta de adherencia, dan estes consellos.

 "Debemos reducir a velocidade e aumentar a distancia co vehículo que vai diante. O primeiro de todo é ir moi amodiño. Se é necesario ir a 30 ou 40 quilómetros por hora e debemos facelo aínda que esteamos nunha vía de alta velocidade".

E hai que ten precaución tamén co xeito de frear. 

"Debemos evitar frear de forma brusca, hai que facelo pouco a pouco, utilizando o freo motor, unha marcha máis curta e tocar o freo pouco a pouco. Con iso podemos evitar unha colisión por alcance"

A presenza de néboa na estrada engade moito estrés á condución, pero é fundamental non bloquearse, manter a calma e parar só se a zona é segura.

"O ideal é parar fóra da vía. Se o deixamos dentro hai risco de que alguén non o vexa con tempo suficiente e bata contra el".

A néboa sempre é inimiga da condución segura, así que non hai que baixar garda aínda que a vía sexa coñecida. Poden aparecer elementos cos que non se conta, como a presenza de animais na estrada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade