Publicador de contidos
Publicador de contidos

Restablecida a circulación na A-8 entre Mondoñedo e Abadín tras pecharse pola néboa

Restablecida a circulación na A-8 entre Mondoñedo e Abadín tras pecharse pola néboa

O corte rexístrase no alto do Fiouco, entre os quilómetros 536 e 552, desde pouco antes das 11 horas deste mércores 

DGT DGT
G24.gal 30/10/2024 13:24 Última actualización 30/10/2024 20:26

Xa foi restablecido o tráfico de vehículos nun tramo da autovía do Cantábrico (A-8), onde fora interrompido este mércores en ambos os dous sentidos da circulación entre os municipios de Mondoñedo e Abadín debido á espesa néboa que dificulta a visibilidade, informaron as autoridades.

O tránsito foi interrompido esta mañá no alto do Fiouco, por motivos de seguridade, ás 10:53 horas entre os quilómetros 536 e o 552 debido á reducida visibilidade que supoñía un risco elevado.

Os condutores que transitaron por ese tramo, con problemas recorrentes de néboa, foron avisados do citado corte mediante paneis luminosos.

Técnicos do Ministerio de Transportes que analizaron varias propostas fronte aos problemas de néboa nesa zona e levaron a cabo varias experiencias con prototipos, adoptaron finalmente a proposta dun sistema de guía aos condutores mediante raios láser en situacións de visibilidade reducida.

Ademais, instalouse un novo sistema de balizas que funciona desde xaneiro de 2022 nese tramo da autovía, co obxectivo de mellorar a sinalización, evitando o peche do tráfico na zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade