Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unións Agrarias esixe que se cumpra a lei de cadea alimentaria e minimizar o impacto do acordo con Mercosur

Unións Agrarias esixe que se cumpra a lei de cadea alimentaria e minimizar o impacto do acordo con Mercosur

No balance de 2024 a organización agraria salienta as 43 medidas acordadas co ministerio

Unións Agrarias di que neste ano se evidenciou o impacto do cambio climático
G24.gal 27/12/2024 13:43

Unións Agrarias fai balance do ano e salienta a importancia das 43 medidas acordadas co Ministerio de Agricultura para simplificar a vida dos gandeiros e darlles máis seguridade. Entre os retos futuros, a organización agraria sigue esixindo que se cumpra a lei de cadea alimentaria, reforzar as axudas para garantir a remuda xeracional e minimizar o impacto do acordo entre a Unión Europea e Mercosur, sobre todo no sector cárnico. 

Montserrat Cortiñas, vicesecretaria xeral de UPA, salientou que esas medidas permitiron simplificar a PAC, mellorar a aplicación de ecoreximes, aprazar a figura do veterinario de explotación e sobre todo, que se logrou "que a Comisión Europea e o ministerio viran que non se pode burocratizar a PAC e que os gandeiros non teñan que estar máis pendentes de cumprir requisitos que de producir". 

Destacou tamén que este acordo é único en Europa e que permitiu reducir a burocracia, lograr financiamento extra para profesionais e mozos e dar máis seguridade a través do sistema de seguros agrarios. 

Para Félix Porto, secretario de Coordinación Sectorial de UUAA-UPA, 2024 foi o ano en que Galicia sufriu as consecuencias do cambio climático. En forma de incendios, o temporal Kirk, as inundacións de pataqueiras e cereais e novas enfermidades, como a lingua azul ou a EHE. Máis de dúas mil explotacións tiveron algún animal enfermo. Morreron máis de mil vacas. Por iso, UUAA reclama un cambio no PDR, o Plan de Desenvolvemento Rural, que permita reforzar a axuda ás granxas afectadas. 

Tamén piden un gran pacto para lograr un plan sectorial eólico e máis control da fauna salvaxe, coma o xabaril e o lobo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade