A caída mundial de consumo de viño tinto tamén se nota nas adegas galegas
A caída mundial de consumo de viño tinto tamén se nota nas adegas galegas
Moitas adegas non teñen espazo para almacenar as uvas desta campaña
Desde Unións Agrarias esíxenlle a Medio Rural medidas, como sacar o viño que se almacena
Hai unha caída mundial do consumo de viño tinto, e xa se deixa notar tamén nas adegas galegas. Na Ribeira Sacra, por exemplo, moitos xa non teñen espazo para almacenar as uvas deste ano. Desde Unións Agrarias esíxenlle a Medio Rural medidas.
A máis rápida é unha destilación de crise, é dicir: liberar espazo nas adegas. Tamén apostan por buscar novos mercados e facilitar a reestruturación dos viñedos.
"Aquí na Ribeira Sacra é onde temos o problema maior, onde se está acelerando esa situación que pode levar a moita xente a ruína. Podémonos encontrar coas viñas coas uvas sen recoller, iso é o que temos que evitar, as medidas hai que tomalas xa, primeiro saber a cantidade que temos almacenada para sacar", explica Félix Porto, secretario de Coordinación Sectorial e Área Externa de Unións Agrarias.