Publicador de contidos
Publicador de contidos

Condenado a dez anos de cárcere por violar a filla menor dunha amiga en Lugo

Condenado a dez anos de cárcere por violar a filla menor dunha amiga en Lugo

Ademais, o tribunal impúxolle a prohibición de comunicarse coa vítima e de aproximarse a ela por un período de 15 anos, así como 10 anos de liberdade vixiada, unha vez sexa cumprida a pena de prisión

G24.gal 19/12/2024 16:47

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a dez anos de cárcere a un home por agredir sexualmente a unha menor de idade, filla dunha amiga.

A Sala, segundo o ditame facilitado á prensa este xoves, considera probado que o día 15 de abril de 2023, o procesado, que estaba a pasar uns días no domicilio da súa amiga, quedou só na vivenda coa súa filla menor, de 14 anos, dado que ela foi traballar.

Segundo a sentenza, aproveitou para ir ao cuarto da menor e, unha vez alí, ofreceulle diñeiro á nena, pero esta non llo aceptou. Entón foise, pero regresou uns minutos máis tarde e violouna.

Tras os feitos, o procesado abandonou o domicilio e a vítima comunicoullo á súa nai en canto chegou á casa. Posteriormente, ambas acudiron a un médico.

“O procesado limítase a negar os feitos, pero o seu testemuño está claramente desmentido non só polo testemuño da menor, senón tamén polo resultado das probas xenéticas. Ademais, refire a nai da menor que cando conseguiu contactar con el, recoñeceu os feitos”, subliña a Sala na resolución.

Ademais da pena de prisión, o tribunal impúxolle a prohibición de comunicarse coa vítima e de aproximarse a ela por un período de 15 anos, así como 10 anos de liberdade vixiada, unha vez sexa cumprida a pena de prisión.

O tribunal tamén o inhabilitou para exercer profesión, oficio ou actividades que impliquen contacto regular e directo con menores de idade durante 15 anos e privouno da patria potestade durante sete anos.

Así mesmo, deberá de indemnizar a representante legal da menor con 10.000 euros por danos morais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade