Publicador de contidos
Publicador de contidos

As confeiterías artesás elaboran estes días distintas variedades do roscón de Reis

As confeiterías artesás elaboran estes días distintas variedades do roscón de Reis

Preparan dende o doce máis tradicional, só ou con recheo, ata o máis innovador

Un roscón recheo de pistachos e cuberto de bagas e de flores
Félix Aragunde 03/01/2025 20:15

Son días de intenso traballo nas confeiterías artesás, que se afanan en preparar diferentes variedades do roscón de Reis. Dende o tradicional, só ou con recheo, ata o máis innovador, como este de pistacho elaborado en Lugo.

Noemi Padín, dependenta dunha confeitería: "O éxito aquí é o recheo de pistacho. Pero a xente tamén aposta polo tradicional, así que se venden tanto un coma outro moi ben".

Estoutra pastelería lucense estréase precisamente coa campaña do roscón de Reis. Só leva tres días aberta e nela traballan arreo para atender a demanda do doce máis buscado.

Ana López, pasteleira: "Son roscóns totalmente artesáns, dunhas doce horas de fermentación. Temos catro variedades, que son sen o recheo e recheos de nata, trufa ou crema, porque nesta zona do mercado a xente pide tradición".

Silvia Fernández, dependenta dunha confeitería: "Temos todo vendido. Xa non podemos coller ningunha reserva máis. Temos tamén roscóns veganos, que teñen moita demanda. Estamos a tope, traballando día e noite para satisfacer todos os lucenses".

Tocante aos prezos, o roscón tradicional pode adquirirse dende 30 euros o quilo, mentres que o máis innovador ascende aos 50 euros. En calquera caso, tamén hai dispoñibles boliños de dous euros a peza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade