Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aspas e a renovación: "Levounos 5 minutos en dúas charlas"

Aspas e a renovación: "Levounos 5 minutos en dúas charlas"

A Iago Aspas gustaríalle lograr un título co Celta

O moañés falou do seu futuro: "Gústame o tema da dirección deportiva. É un traballo que me gustaría facer no futuro"

G24.gal 02/01/2025 18:35 Última actualización 02/01/2025 18:54

Iago Aspas compareceu ante os medios tras ampliar o seu contrato por unha tempada máis a pasada semana. Unha conferencia de prensa no que estivo acompañado polo director de fútbol, Marco Garcés.

O capitán comezou dando as grazas. 

"A Marián Mouriño, a Marco Garcés, e a toda a xente do club por saber esperar o momento para abordar esta renovación e espero que nos traia moitas cousas bonitas".

A renovación foi moi sinxela, levou pouco tempo. 

"Non foi moito antes do Nadal cando falamos, e levounos cinco minutos. En dúas charlas, o meu irmán e Marco Garcés arranxaron o que había e decidimos continuar un ano máis".

Aspas ten claro que lle gustaría lograr co equipo da súa vida 

"Seguir batendo todos os récords posibles e gustaríame, como a todos os celtistas, celebrar un título, non nos imos enganar".

Aspas deixou claro cal quere ser o seu futuro no fútbol.

"Gústame o tema da dirección deportiva. Empápome porque ten moitos anos de experiencia. É un traballo que me gustaría facer no futuro".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade