Toimil e Peleteiro seguen dominando nos campionatos de España
Adrián Ben levou a medalla de prata despois do seu salto aos 1500 metros
Saleta, en altura, e Coello, en lonxitude, quedaron ás portas de levar un metal

Belén Toimil e Ana Peleteiro continúan dominando os campionatos de España. A mugardesa Belén Toimil logrou o quinto título consecutivo no lanzamento de peso. E a ribeirense Peleteiro sumou o noveno título no triplo salto feminino.
Si Ana Peleteiro se divierte, todos nos divertimos.
— Teledeporte (@teledeporte) February 22, 2025
Qué saltazo (14,33m.) para cerrar un #CEAtletismoST colosal. pic.twitter.com/PiDCYvMtv9
Ana Peleteiro eliminou calquera dúbida sobre o seu estado físico. Igualou a Conchi Paredes como a atleta con máis títulos de España. Fixo unha marca de 14.33 e estará nos vindeiros campionatos de Europa pelexando polas medallas. Belén Toimil non tivo rival. Cun mellor lanzamento de 17.49 gañou o título pero non acadou a mínima para estar no europeo.

Había moito interese na aparición de Adrián Ben nos 1500 metros. O viveirense parece centrado nesta nova distancia e dá por rematado o seu periplo polos 800 metros. Acabou no segundo posto, só superado por Attaoui. O tempo de Ben foi de 3:49:00, a catro décimas do gañador.

Houbo outros dous atletas galegos que quedaron ás portas de levar unha medalla. Saleta Fernández acabou de cuarta no salto de altura feminino no que era a súa despedida do atletismo. Saleta fixo un mellor salto de 1.77, a sete centrímetros do ouro que gañou Ona Bonet aos 18 anos (1.84).
Sergio Coello rematou na quinta posición en salto de lonxitude amosando a súa progresión para estaren entre os mellores de España, un título que levou Jaime Guerra cunha marca de 8.14.