Adi Iglesias volve a Lugo para recuperar o seu mellor nivel
O paso polo Centro de Alto Rendemento de Madrid non deu o resultado agardado e regresa a Galicia para atopar as sensacións que a colocaron entre as mellores do mundo
Adiaratou Iglesias recíbenos en Lugo. A velocista volve a casa tras tres anos en Madrid. Unha experiencia que agradece pero que non lle deu o resultado que esperaba. Dende que debutou en 2019, a Adi só se lle resistiu o podio de París, onde rematou quinta e sexta cun rendemento lonxe do agardado. A velocista contaba con mellorar os 11.83 de Toquio.
Adi está convencida de que o seu adestrador de sempre, Adolfo Vila, pode axudala a percorrer ese treito. E con ese paso, Adi colle impulso. O gran obxectivo deste 2025 será o Mundial de setembro. Antes disputará o campionato absoluto de España.