Cargando resultados...
Adi Iglesias non dá retido o ouro paralímpico na proba dos 100 metros
Adi Iglesias non dá retido o ouro paralímpico na proba dos 100 metros
A lucense acabou no quinto posto a case un segundo de Valiyeva, que bateu a mellor marca mundial
G24.gal
03/09/2024 20:38
Na final máis rápida de todos os tempos, Adi Iglesias Forneiro non conseguiu reter o ouro olímpico acadado hai tres anos en Tokyo. A cita de París amosou o gran nivel polo que pasa a disciplina paralímpica e a azerbaixana Lamiya Valiyeba tivo que asinar o récord do mundo para poder gañar o ouro.
Valiyeba, vixente campioa do mundo, marcou un tempo de 11,76, por diante da brasileira Rayane Soares e da irlandesa Orla Comerford. En quinta posición chegou Adiaratou Iglesias, cun rexistro de 12,51. Agora tocaralle centrarse nos 400 metros, proba na que tamén sacou medalla en Tokyo, desta volta a de prata.