Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adi Iglesias proclámase campioa mundial paralímpica nos 200 metros

Adi Iglesias proclámase campioa mundial paralímpica nos 200 metros

Logo da prata nos 100 metros, a atleta lucense desquitouse cunha clara vitoria 

G24.gal 12/07/2023 21:16

A atleta lucense Adiaratou Iglesias Forneiro proclamouse campioa do mundo paralímpica en París, a un ano da cita olímpica. Adi viña de ser prata na proba dos 100 metros T13 co mesmo tempo que a gañadora e conseguiu desquitarse na súa especialidade. 

Co mellor tempo das finalistas, Adi Iglesias saíu desde o principio dominando a proba, saíu con vantaxe na curva e malia a reacción final da canadense Bianca Borgella, conseguiu o triunfo cunha marca de 24.86, a mellor de todo o 2023. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar