Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adi Iglesias quere repetir en París as dúas medallas olímpicas

Adi Iglesias quere repetir en París as dúas medallas olímpicas

A velocista lucense afronta os seus segundos Xogos Paralímpicos coa maior das expectativas logo do ouro e a prata acadadas en Toquio

G24.gal 22/08/2024 22:09

Os Xogos Paralímpicos están ao caer, e Adiaratou Iglesias é un dos nomes propios cando se fala de gañar unha medalla. Para ela sería moi especial subirse ao caixón en París. Mais non é algo novo. A lucense acadou un ouro e unha prata nos xogos de Toquio, así como varios títulos mundiais e europeos. Pero a ambición está aí, e Adiaratou quere máis.

En París darao todo coa súa familia apoiándoa na grada, moi orgullosa dela. Toca calzar os tacos e loitar por ser a mellor nas pistas parisinas. Adiaratou quere repetir o feito en Toquio e ser de ouro de novo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar