Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Mossos buscan un home acusado de amputarlle a man á parella en Barcelona

Os Mossos buscan un home acusado de amputarlle a man á parella en Barcelona

Os axentes teñen identificado o suposto autor dos feitos

G24.gal 16/09/2024 20:26

Os Mossos d'Esquadra buscan un home acusado de amputarlle unha man á parella.

Os feitos ocorreron sobre as catro e media da tarde deste luns na localidade de Santa Coloma de Gramenet, en Barcelona.

Segundo fontes próximas á investigación, o home fuxiu do lugar dos feitos.

Os Mossos d'Esquadra teñen identificado o presunto autor dos feitos e traballan agora para localizalo e poder detelo.

En canto á vítima, foi trasladada a un centro hospitalario aínda que non se teme pola súa vida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade