Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esnafran un coche contra unha tenda de móbiles e rouban 30 teléfonos a machetadas

Esnafran un coche contra unha tenda de móbiles e rouban 30 teléfonos a machetadas

Os ladróns usaron machetes para escachar os cristais dos expositores

O roubo foi de madrugada e moi rápido, durou menos de dous minutos

É a segunda vez en quince días que entran roubar nesa tenda de teléfonos

G24.gal 02/01/2025 14:24

En Valencia roubaron uns trinta teléfonos nunha tenda de electrónica. Pero, máis alá do botín, o que máis chama a atención é a agresividade do atraco, que foi case de película.

Todo quedou gravado na cámara de seguridade da tenda. Tres mozos entran cun coche marcha atrás rompendo a porta do local. O primeiro que fan é ir directos á zona dos teléfonos máis caros. Con machetes escachan os cristais dos expositores e meten uns trinta teléfonos de alta gama nunha bolsa enorme. Foi de madrugada e todo pasou nuns dous minutos.

No vídeo hai un momento en que se ve o dono do local, que vive ao lado da tenda. Trata de parar os ladróns, pero non o logra. Dous mozos saen correndo coa bolsa. Outro espera no coche para fuxir. Este é o segundo roubo en quince días nesta tenda de Valencia.

A primeira vez tamén entraron os ladróns cun vehículo escachando o cristal da porta. En lugar de machetes, entón usaron martelos para romper os cristais dos expositores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade