Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúan os roubos en Castrelo de Miño, con tres novos incidentes na última semana

Continúan os roubos en Castrelo de Miño, con tres novos incidentes na última semana

Dende setembro asaltaron varias vivendas para levar ferramentas, cartos, alimentos e mesmo pitas

Nesta semana intentaron entrar no estanco-tenda de Barral, pero os ladróns fuxiron ao soar a alarma despois de romper a porta

G24.gal 02/01/2025 13:30

Veciños de Castrelo de Miño levan sufrindo roubos de maneira continuada dende o mes de setembro, chegando esta mesma semana a sufrir ataques en varias casas e nun negocio.

De feito, esta mañá, operarios colocaban unha porta provisional na tenda-estanco do lugar despois de que os ladróns a romperan tras forzala cunha pata de cabra, malia que non levaron nada pola activación da alarma.

Este negocio, cun século de historia, non é a primeira vez que sofre un roubo nesta vaga, xa que en setembro si conseguiron levar un botín.

Moncho, un veciño da aldea de San Esteban, denunciou tamén á Garda Civil que asaltaran a súa casa, levándolle un alambique, cervexas, ferramenta e unha galiña.

Esta vaga de roubos comezou fai tres meses, pero na última semana houbo mínimo tres e, dende o Concello saben de máis que non presentaron denuncia. A Garda Civil investiga se os mesmos ladróns están detrás de todos estes roubos, pero, de momento, non hai pistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade