A anciá asaltada pistola en man en Castrelo de Miño pide máis protección para as persoas que viven soas no rural
A anciá asaltada pistola en man en Castrelo de Miño pide máis protección para as persoas que viven soas no rural
A anciá asaltada pistola en man en Castrelo de Miño pide máis protección para as persoas que viven soas no rural
A Garda Civil busca os autores do atraco, que a muller describe como unha moza e un mozo, e di que o revólver era da cor do aluminio
A plena luz do día, os atracadores accederon á vivenda da anciá, que nese intre estaba soa, facendo a comida. Segundo lle contou a vítima á Garda Civil, eran un home e unha muller. Pedíronlle os cartos, e nun momento dado amosaron unha arma, que a anciá describiu como un revólver da cor do aluminio. Os ladróns colleron 200 euros da carteira. Co susto aínda no corpo, a muller, de 94 anos, pide máis protección para as persoas que viven soas no rural.
Unha veciña socorreuna e axudouna a incorporarse. É o último e máis grave episodio dunha vaga de roubos e asaltos que se rexistran dende hai semanas en varias parroquias de Castrelo de Miño. Asaltos que nalgún caso se cometeron con persoas no interior das casas.
"Que estean protexidos, que non anden roubando e meténdolle susto á xente. Eu, se non ven Marina (unha veciña que a socorreu), eu morrería", relatou á televisión de Galicia Etelvina Lorenzo.
A preocupación esténdese entre a veciñanza, que toma medidas de protección como a instalación de alarmas. A Garda Civil busca os autores do asalto á anciá. Non se atoparon indicios da súa conexión cos outros roubos na contorna nin de que se trate dunha banda organizada que estea actuando na zona.