Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un home por roubar cadros, moedas de coleccionismo e 14.000 euros en Castrelo de Miño

Deteñen un home por roubar cadros, moedas de coleccionismo e 14.000 euros en Castrelo de Miño

O arrestado, veciño de Ourense, está acusado de tres roubos na mesma vivenda

G24.gal 25/10/2024 10:54 Última actualización 25/10/2024 11:02

A Garda Civil de Ourense detivo un home acusado de tres roubos na mesma vivenda de Castrelo de Miño, da que levou 24 cadros, multitude de moedas de coleccionismo e 14.000 euros en efectivo.

A intervención, dentro da operación Stepasou, iniciouse o pasado mes de setembro, tras ter coñecemento de varios roubos sucedidos neste concello ourensán do Ribeiro.

As pescudas deron na detención deste home, veciño de Ourense de 47 anos, quen foi arrestado o mércores pasado.

Durante o rexistro do seu domicilio atopáronse lenzos, láminas e moedas que figuraban na listaxe dos obxectos denunciados como subtraídos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade