Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os alimentos básicos recuperan o IVE do 4 %

Os alimentos básicos recuperan o IVE do 4 %

Todos os alimentos básicos tributan ao 4 %, e ao 10 % os outros, como a carne e o peixe a pesar das demandas continuas do sector

G24.gal 02/01/2025 14:20

Primeiro día laborable do ano e para moitos tamén primeira visita ao supermercado. A cesta da compra xa non custa igual que hai un par de días. 

E todo porque sobe o IVE dalgúns alimentos básicos, que pasan do dous ao catro por cento e que hoxe aínda colleu a moitos por sorpresa. 

Os alimentos básicos ou de primeira necesidade estrean este 2025 recuperando o seu IVE habitual ao 4 %, o "superreducido" ao que tamén tributará o aceite de oliva, que se incorpora a este club nun momento de relaxación da alza dos prezos da cesta da compra.

Xa en outubro recuperouse parte da taxa que se suprimiu a inicios de 2023 para paliar a histórica subida da cesta da compra -que encareceu ata o 16,6 %, en febreiro de 2023-, e o IVE dos alimentos básicos subiu no décimo mes de 2024 ao 2 % (desde o 0 %) e a pasta e os aceites de sementes de 5 ao 7,5 %.

Co arranque do ano, todos os alimentos básicos tributan ao 4 %, e ao 10 % os outros, como a carne e o peixe a pesar das demandas continuas do sector.

Ademais, derivado dos acordos do paquete fiscal aprobado polo Goberno, o IVE dos produtos de leite fermentado, como o iogur, será tamén ao tipo superreducido (4 %).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos