Cargando resultados...
A demanda de uvas para fin de ano dispara o seu prezo
A demanda de uvas para fin de ano dispara o seu prezo
Hoxe pagamos un 20 por cento máis por quilo
A uva nacional de sabor doce e con pebidas é a que máis se compra para despedir o ano
G24.gal
30/12/2024 14:12
Hoxe son o reclamo de todas as froiterías. Con pebidas, sen elas, nacionais ou de importación, a granel ou envasadas, en lata, en copa.
A uva nacional, de sabor doce e con pebitas, e a que máis se compra para despedir o ano. O seu prezo varia entre os dous euros e medio e os seis.
O certo é que nestas datas pagamos un 20 por cento máis por quilo. Ao ser un produto fresco, é unha compra de última hora na que non podemos esquivar a suba, pero tampouco importa.
Porque manda a tradición, pero tamén a superstición, comer as doce uvas ao son das badaladas atrae a boa sorte. Todo para comezar o ano con bo pé.