Os pequenos do Porriño xa deron a benvida ao novo ano
Os pequenos do Porriño xa deron a benvida ao novo ano
Os máis pequenos da vila cambiaron uvas por lambetadas na súa particular festa pre fin de ano
Con moita enerxía e alegría xuntáronse na praza do seu concello os máis pequenos do Porriño. Sabían que ían recibir o 2025 xuntos e que teñen que soar as badaladas. Co cotillón repartido e as uvas convertidas en lambetadas, cambiaron de ano este medidodía rodeados de familiares e de moitos amigos.
Todos, maiores e pequenos, din gozar moito desta festa pre fin de ano que lles permite vivir xuntos este momento compartindo a súa ilusión na rúa. Na praza de Antonio Palacios os pequenos porriñeses e porriñesas tiñan claros os seus desexos para 2025. Segundo nos dixeron piden moita felicidade para as súas familias e para todas as persoas en xeral.
Alegría e esperanza foron outras das súas peticións. Esperanza como a que transmiten as prioridades que manifestan uns cativos que tamén participaron en actividades organizadas especialmente para eles pero que, sobre todo, bailaron para recibir o 2025 por adiantado dando así o remuda aos maiores na festa pre fin de ano prevista pra esta noite no Porriño.