Seis dos sete escenarios da festa ilegal de Fuente Álamo foron retirados do recinto
Seis dos sete escenarios da festa ilegal de Fuente Álamo foron retirados do recinto
A festa ilegal que comezou o día de fin de ano no circuíto de velocidade da localidade murciana de Fuente Álamo apura as súas últimas horas pola falta de subministracións e a presión policial.
Despois de case unha semana de festa ininterrompida, seis dos sete escenarios foron desmontados e retirados do recinto, onde aínda permanecen un milleiro de vehículos.
Ao principio eran máis do dobre, pero os que abandonan a zona xa non poden regresar. Impídenllelo os numerosos gardas civís e policías locais despregados nos accesos do circuíto murciano. Todos os vehículos son rexistrados a conciencia e recóllense todos os datos posibles sobre os seus propietarios.
Segundo a Delegación do Goberno, durante estes días impuxéronse 150 sancións administrativas por consumo ou tenza de drogas. A Policía Local de Fuente Álamo impuxo tamén 20 denuncias por acampada en zonas non habilitadas.