Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan as reservas para xantar e cear fóra durante as festas do Nadal

Aumentan as reservas para xantar e cear fóra durante as festas do Nadal

Comidas para as empresas e as familias, ceas para os grupos de amigos

Búscase concentrar toda a festa nun mesmo lugar: comida, copas e baile

G24.gal 08/12/2024 14:44 Última actualización 08/12/2024 16:18

Ademais das celebracións propias dos días festivos, moitos restaurantes atenden xa as reservas de comidas de empresa e amigos que se anticipan ao Nadal. Forman xa parte da axenda por estas datas e cada ano aumenta a demanda, incluso para os festivos máis sinalados.  

Chega decembro e éntranos a ansia por despedir o ano. Sexa cos compañeiros de traballo, con amigos que vemos pouco ou cos que compartimos actividades habituais, case sempre hai motivo para sentar arredor dunha mesa. 

"O acordo ao que chegan é que as comidas de empresa e de familia prefiren facerse ao mediodía porque se son de lonxe poden marchar con día. Para as de amigos escollen a noite", conta Carmen Castro, propietaria do restaurante De Carmen.

Para as noites aumentou a demanda das cea-baile para poder concentrar toda a festa nun mesmo sitio e non ter que coller o coche. Son datas nas que non se escatima moito nos prezos que xa quedan pechados de antemán.

"Buscan comida de calidade, non cantidade. Buscan que no menú estea incluído o viño, a sobremesa, o café e menús pechados", di Carmen.

O mesmo ocorre na noite do 24, o xantar do 25 ou fin de ano. Cada vez máis familias cambian a trasfega das cociñas por sentar a mesa posta.

"Nós a noite do 24 facémola para as familias que prefiren xuntárense e non traballar na casa. Ti ves unhas señoras maiores, de 80 anos, saír da casa para cear na Noiteboa ás oito ou nove da noite e antes era impensable. Agora velas todas contentas con toda a familia reunida", asegura Carmen Castro.

É o único xeito de poder sentar todos xuntos á mesa, comer sen preocupacións e deixarlles aos cociñeiros profesionais a responsabilidade de que estea todo perfecto para o festexo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar