Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mercado de Nadal de segunda man no Tinglado do porto en Vigo

Mercado de Nadal de segunda man no Tinglado do porto en Vigo

Participan 88 comercios que se turnan o sábado e o domingo con postos de roupa, decoración, cerámica, libros ou xoguetes

O evento organizado pola Xunta de Galicia  busca o compromiso da cidadanía co consumo responsable e coa reciclaxe

Mercado do Tinglado en Vigo este sábado
G24.gal 21/12/2024 14:22

Vigo acolle durante a fin de semana un mercado de segunda man no edificio do Tinglado no Porto con ata 90 postos diferentes.

O evento organizado pola Xunta, busca fomentar o consumo sostible. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez explicou durante a sua visita ao mercado que tratan de impulsar o compromiso da cidadanía co consumo responsable e a reciclaxe.

Hai 44  postos cada xornada atendidos por particulares nos que se poden mercar artigos usados, desde roupa, decoración, cerámica,  libros ou xoguetes entre outros.

Recibíronse máis de 600 solicitudes de cidadáns particulares para poder participar como vendedores. O mercado do Tinglado abre de 10:00 horas ás 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas tanto sábado como domingo. Enmárcase no Plan Sectorial de xestión de residuos municipais de Galicia 2030. para implicar ás entidades locais nun modelo de economía circular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar