Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os alimentos básicos deixan de ter o IVE reducido

Os alimentos básicos deixan de ter o IVE reducido

Dende o día 1 os alimentos básicos deixan de ter o IVE reducido

Ao leite, pan, ovos, froita, verduras ou legumes volverá a aplicárselles un catro por cento de IVE, e non o dous como tiñan antes da rebaixa fiscal

G24.gal 30/12/2024 14:12

Coa chegada do novo ano, encher un carro da compra vai ser un pouco máis caro. Dende o día 1 os alimentos básicos deixan de ter o IVE reducido. O imposto, que xa se incrementou en outubro deste ano, volverá a actualizarse.

Ao leite, pan, ovos, froita, verduras ou legumes volverá a aplicárselles un catro por cento de IVE, e non o dous como tiñan antes da rebaixa fiscal.

Á suba únense tamén outros produtos coma son as pastas e os aceites de sementes. Se en outubro xa se incrementaron do cinco ao sete e medio por cento, a partir do novo ano chegarán xa ao 10. 

Subas e baixadas continuas do IVE ao longo dos últimos anos que, segundo os consumidores, son insuficientes. Todo isto tendo en contra que o prezo dos alimentos subiu máis dun 35 % nos últimos tres anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos