Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os alugueiros poderán subir ata un 2,20 % coa aplicación do novo índice de referencia do INE

Os alugueiros poderán subir ata un 2,20 % coa aplicación do novo índice de referencia do INE

O novo índice leva as siglas IRAV e substitúe ao IPC como referencia principal para actualizar as rendas de alugueiro

O IRAV calcúlase tendo en conta a taxa de variación anual do IPC, a taxa de variación anual do IPC subxacente e as taxas de variación anual media axustada de ambos

Imaxe de arquivo dunha inmobiliaria/EP Imaxe de arquivo dunha inmobiliaria/EP
G24.gal 02/01/2025 09:55

O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este xoves un novo índice de referencia co que os alugueiros poderán subir ata un 2,20 %. Este índice aplica aos contratos asinados despois da entrada en vigor da Lei de Vivenda o 25 de maio de 2023.

A lei polo dereito á vivenda establece unha serie de medidas de contención de prezos na regulación dos contratos de alugueiro e recolle que o INE será o encargado de definir un índice de referencia para a actualización anual dos contratos, co obxecto de evitar incrementos desproporcionados. Este novo índice denomínase coas siglas IRAV e substitúe ao IPC como referencia principal para adaptar as rendas de alugueiro.

As actualizacións prodúcense de forma anual, polo que os miles de caseiros que teñan que revisar en xaneiro deste ano o alugueiro dos seus inquilinos poderán aplicar como máximo esta subida do 2,20 %. Así e todo, tamén existe a posibilidade de prorrogar a renda durante cinco anos se o propietario da vivenda é un particular ou ata sete anos se é un grande investidor.

Os alugueiros actualizábanse tradicionalmente na maioría dos casos co IPC, pero hai case dous anos cando a inflación se disparou tras a invasión de Ucraína por parte de Rusia, o Goberno decidiu en abril de 2022 limitar a subida dos alugueiros ao 2 % e, posteriormente, en 2024, ao 3 %.

En 2025 eses límites á subida do alugueiro desaparecen e empeza a aplicar, polo menos de forma clara nos contratos asinados despois do 25 de maio, este novo índice de referencia. Calcúlase tendo en conta a taxa de variación anual do IPC, a taxa de variación anual do IPC subxacente e as taxas de variación anual media axustada de ambos.

Se o propietario decide aplicar esta subida ao inquilino terá que notificarlla por escrito, respectando os prazos e condicións recollidos no contracto. Por exemplo, para un alugueiro asinado en xaneiro de 2024 cunha renda de 900 euros que toque revisarse agora, unha vez cumprido o ano, poderá aplicarse como máximo unha subida do 2,20 %, o que permitiría ao propietario aumentar a renda 19,8 euros, ata os 919,8 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade